Como Chegar

 

En coche

Desde Asturias

Desde Oviedo (152 kmts) ou Xixón (150 Kmts) tomaremos a estrada que nos leva pola costa asturiana ata Barres (Castropol) onde deixaremos de lado a estrada que vai cara a Vegadeo continuando recto cara a Ribadeo e desde alí faltarannos tres quilómetros ata cruzar a Ponte dos Santos e alcanzar o centro urbano, temos dúas entradas unha xusto ao finalizar a ponte e outra a un quilómetro na rotonda do Voar permitiranos entrar polo outro lado da Vila.

Desde Galicia

Desde Lugo podemos tomar a estrada que vai por Meira e A Pontenova ata Ribadeo (87 kmts), unha estrada sen trafico ben asfaltada aínda que con bastantes curvas no tramo de baixada desde Marco de Alvare. Tamén se pode ir por Rabade, Vilalba, Mondoñedo e Barreiros (103 kmts), ten máis trafico pero a estrada non é tan sinuosa como a outra indicada.

Desde Santiago (177) ou A Coruña (156) tomaremos a A6 ata Baamonde, para continuar por Vilalba, Mondoñedo e Barreiros ata Ribadeo.
 



En autobús

Desde Oviedo, Xixón ou Aviles existen autobuses todo o día cada 2 horas ou menos ata Ribadeo, o mesmo que desde Lugo ou Coruña.

Existen combinacións con Madrid, Santiago, Tuy, Bilbao e Burgos sen transbordo.

Máis información en www.alsa.es www.arriva.es

En tren

Existe unha estación de FEVE que comunica por tren as poboacións de Ferrol e Avilés dúas veces ao día, dispón duns modernos vagóns e pódese gozar da bela paisaxe das nosas costas.

Máis información www.feve.es

Por Mar


Dispomos dun completo porto deportivo con todos os servizos ao que se lle outorgou a Bandeira Azul da UE.

O porto esta situado en 43º 32' 05'' N e 07º 02' 22'' W é un porto importante de refuxio pois Xixón está a 64 millas náuticas e A Coruña a 81 e as características da nosa Ría fai dela un porto moi seguro.

Por Aire


Ribadeo dispón dun pequeno aerodromo en Vilaframil (a 4 kmts do centro urbano) Conta cunha pista de 900 metros de longo por 80 metros de ancho, dos que 870x18 metros, son asfaltados. O aeródromo é apto tanto para avións como para ultralixeiros.

Está situado 43º 33' 13'' N e 07º 05' 11'' W con altura de 25 metros, limiares 08 e 26 e clasificación 1B

 

Cope da Costa

EL Progreso

Concello de Ribadeo

  • Adeus a unha grúa

    O Concello ordea que se desmonte unha grúa que supoñía un perigo para a seguridade pública. Atopábase abandoada...

  • Rúa Deputación

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase agradecido e satisfeito de que o Xacobeo cumpra cos compromisos adquiridos...

  • Polémica coas actividades para os nenos

    As Concellarías de Educación e Deportes negan as acusacións de favoritismo na inscrición das actividades para os nenos...

  • Grande afluencia turística

    Arredor de 4.000 persoas pasaron esta fin de semana pola oficina de turismo de Ribadeo e polo punto...

  • A voltas cos orzamentos de 2010

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o Concello conta con informes xurídicos que confirman que os...

  • Limpeza de fincas

    Fernando Suárez amósase satisfeito da resposta dalgúns veciños aos requerimentos enviados desde o Concello para que adecenten as...

Your are currently browsing this site with Internet Explorer 6 (IE6).

Your current web browser must be updated to version 7 of Internet Explorer (IE7) to take advantage of all of template's capabilities.

Why should I upgrade to Internet Explorer 7? Microsoft has redesigned Internet Explorer from the ground up, with better security, new capabilities, and a whole new interface. Many changes resulted from the feedback of millions of users who tested prerelease versions of the new browser. The most compelling reason to upgrade is the improved security. The Internet of today is not the Internet of five years ago. There are dangers that simply didn't exist back in 2001, when Internet Explorer 6 was released to the world. Internet Explorer 7 makes surfing the web fundamentally safer by offering greater protection against viruses, spyware, and other online risks.

Get free downloads for Internet Explorer 7, including recommended updates as they become available. To download Internet Explorer 7 in the language of your choice, please visit the Internet Explorer 7 worldwide page.