Prehistoria

 

 

Temos moi poucos datos sobre a prehistoria da zona. Tan só algúns castros e mámoas chegan ata a actualidade como documento de tal época. Podemos atopar castros en Vilaselán, A Devesa (aquí atópase unha praia con devandito nome pola abundancia de restros que se atoparon), Vilaosende, As Anzas e Arante.


As mámoas atópanse en Mondigo. Aínda que os achados non tiñan demasiada relevancia, si nos falan dun poboamento estable, ao acharse restos de cascotes que nos levan a pensar na existencia de casas con paredes de mampostería. Actualmente isto está cambiando co xacemento de Louselas.

 

 

CASTROS EN GALIZA

Os Castros son o máis característico da civilización Celta. Estes asentamentos humanos eran construídos sempre en altura, en orografías de difícil acceso, que garanten a seguridade dos seus habitantes. As dimensións dun castro oscilan entre os 20 e os 500 metros de diámetro.
Máis ou menos, a súa extensión é duns 100 metros e adoitan presentar unha planta oval ou alargada.
Destaca sempre o impoñente sistema defensivo, dotado dunha ou máis lineas de muralla rodeando o castro.

CASTRO DE LOUSELAS

O importante achado arqueolóxico de Louselas, situado na parroquia de Vilaselán, atópase nestes momentos en fase de avaliación. Segundo os arqueólogos desprazados ao efecto, é un xacemento de gran importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento (algúns depositados no Museo de Vilalba).
Auguran que probablemente sexa o maior e mellor xacemento de Galicia. En canto se acabe a concentración parcelaria de Vilaselán, a zona que delimita o castro quedará reservada para investigación e exposición.

 

Cope da Costa

EL Progreso

Concello de Ribadeo

  • Adeus a unha grúa

    O Concello ordea que se desmonte unha grúa que supoñía un perigo para a seguridade pública. Atopábase abandoada...

  • Rúa Deputación

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase agradecido e satisfeito de que o Xacobeo cumpra cos compromisos adquiridos...

  • Polémica coas actividades para os nenos

    As Concellarías de Educación e Deportes negan as acusacións de favoritismo na inscrición das actividades para os nenos...

  • Grande afluencia turística

    Arredor de 4.000 persoas pasaron esta fin de semana pola oficina de turismo de Ribadeo e polo punto...

  • A voltas cos orzamentos de 2010

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o Concello conta con informes xurídicos que confirman que os...

  • Limpeza de fincas

    Fernando Suárez amósase satisfeito da resposta dalgúns veciños aos requerimentos enviados desde o Concello para que adecenten as...

Your are currently browsing this site with Internet Explorer 6 (IE6).

Your current web browser must be updated to version 7 of Internet Explorer (IE7) to take advantage of all of template's capabilities.

Why should I upgrade to Internet Explorer 7? Microsoft has redesigned Internet Explorer from the ground up, with better security, new capabilities, and a whole new interface. Many changes resulted from the feedback of millions of users who tested prerelease versions of the new browser. The most compelling reason to upgrade is the improved security. The Internet of today is not the Internet of five years ago. There are dangers that simply didn't exist back in 2001, when Internet Explorer 6 was released to the world. Internet Explorer 7 makes surfing the web fundamentally safer by offering greater protection against viruses, spyware, and other online risks.

Get free downloads for Internet Explorer 7, including recommended updates as they become available. To download Internet Explorer 7 in the language of your choice, please visit the Internet Explorer 7 worldwide page.